Novas

Máis novas

O pleno extraordinario aproba incialmente o cambio de uso residencial a uso terciario da UA4

28/09/2017. A proposta foi aprobada por maioría absoluta cos votos favorables do Partido Popular e abstención do BNG e do PSOE

O pleno extraordinario celebrado no día de hoxe no Concello de Melide vén de aprobar incialmente o cambio de uso residencial a uso terciario da Unidade A4 situada nas proximidades do Colexio Público Mestre Pastor Barral na vila. A proposta foi aprobada por maioría absoluta do Partido Popular e coa abstención do PSOE e o BNG.

Con esta aprobación inicial para a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal UA4, comezan os trámites pertinentes e dentro da legalidade para realizar o cambio de uso destes terreos. Así, unha vez rematado o período de información pública durante dous meses, remitirase o expediente aos órganos competentes para que continúen coa tramitación ata a súa aprobación definitiva.

A alcaldesa Dalia García, adiantaba que “esta modificación permitirá unha vez feitos os trámites establecidos na normativa aplicable, dispoñer dunha trama de espazos aptos para albergar actividades comerciais e dinamizar a economía municipal”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp