- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O IES de Melide gañador do 1º premio no programa “Clases sen fume”
29/05/2019. O alumnado do IES vén de gañar o primeiro premio no programa Clases sen Fume do Plan Proxecta. O traballo dos rapaces e rapazas gañador leva por nome “Que non che vendan a caixa”. A iniciativa parte da Consellería de Educación
MELIDE 29 de maio de 2019.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a conselleira de Educación Carmen Pomar Tojo, presidiron o acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo “Clases sen Fume”, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Ordenación Universitaria.
Nesta edición, do curso 2018-2019 participaron un total de 2.028 escolares de 92 aulas procedentes de centros de toda Galicia. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos.
O bo facer do alumnado do alumnado de 1º ESO C do IES de Melide foi recompensado co 1º premio do concurso pola súa actividade creativa titulada “Que non che vendan a caixa”.
O premio consiste nun campamento de 5 días para todo o alumnado da aula no complexo xuvenil de Gandarío .
CLASES SEN FUME
Clases sen Fume é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de 1º e 2º de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco. Con esta iniciativa, que forma parte do Plan Proxecta da Consellería de Educación, búscase o compromiso colectivo de toda a clase, é dicir, alumnado e titor, para estar 6 meses sen fumar durante o curso escolar. Neses meses, os escolares realizan actividades creativas en relación coa prevención do tabaquismo e traballan as unidades didácticas relacionadas co tema.