- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Miles de persoas en Melide participan na exposición canina internacional
28/05/2019. A cita foi no pazo de congresos e exposicións onde se celebrou a exposición canina internacional que tivo moi boa acollida de público. Miles de persoas achegáronse para participar neste evento que acolleu a máis de 100 razas
MELIDE 28 de maio de 2019.- A pasada fin de semana, o pazo de congresos e exposicións de Melide acolleu unha exposición internacional canina que foi quen de achegar a milleiros de persoas a nosa vila que visitaron esta iniciativa e mesmo participaron dela.
Melide acolleu durante as xornadas de sábado e domingo varias exposicións. O primeiro día celebrouse a 89 Exposición Nacional Canina C.A.C, e o domingo levouse a cabo a 39 Exposición Internacional C.A.C.I.B e a 90 Exposición Nacional Canina C.A.C. que tivo lugar por primeira vez na vila e que estivo organizada pola Sociedade Canina Galega.
Os xuízos comezaron o sábado pola mañá e remataron o domingo pola tarde, onde se puxeron en xogo dous C.A.C, puntos para o Campionato de España e un C.A.C.I.B, punto co que se pode obter o título de Campión Internacional. Ademais o pasado sábado tamén se fixeron aptos de cría e rexistros iniciais para aqueles cans que eran de raza e carecían de pedigree.
Entre os asistentes, houbo participantes nacionais e doutros países como Francia, Bélxica, Portugal, Rusia, Reino Unido, Perú, México e Alemaña que xa conseguiron o título de campión nos seus respetivos países e tentarán conseguir facerse co título de campión en España.
O evento contou con máis de 1.000 exemplares inscritos en 120 razas diferentes onde as de máis afluenza foron o Bulldog Francés, Labrador Retriever ou o Bullmastiff. O domingo na exposición internacional a raza con máis participantes foron o Bulldog Francés, seguida das razas Labrador Retriever e Bulldog Inglés.
Tono Méndez, melidense e un dos principais organizadores xunto coa Sociedade Canina Galega do evento, explicaba que para Melide era unha honra acoller un evento destas características, propio das cidades como Madrid, Barcelona ou Vigo e que este ano chegou a Melide de xeito gratuito, cando sempre este tipo de eventos tiñan un custe para os asistentes.
PREMIADOS NA EXPOSICIÓN CANINA NACIONAL
En canto aos premiados na exposición nacional do sábado, a primeira posición foi para Carlino, un Diabolbric Candy Paint de Churriana, a segunda para un Americana Stafforshire Terrier, Karballido Staff Mambo Golden Legend José Ignacio Andrés Carballido de Mos, en Pontevedra e o terceiro posto foi para Whippet Enolacans Angelie Jolie para El Athanato de Redondo Prieto, de Jesús de Lugo.
Na xornada do domingo, os premiados na competición nacional foron para o American de Nacho Carballido de Mos, Pontevedra, a segunda posición para o Bicho Frise de Linares Garica de Cristina de Alcoy e a terceira posición para o Siberian Husky, Jazmin del Karraces de Bernardos Carracedo, de José Carlos de Segovia.