- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide súmase este domingo á campaña Quere o teu mercado
23/05/2019. O mercado do próximo domingo será especial. Coincidindo co último domingo do mes, coa feira grande, tamén acollerá a campaña Quere o teu mercado, que pretende poñer en valor a profesionalidade e o bo produto dos praceiros locais
MELIDE 23 de maio de 2019.- O mercado dominical de Melide acollerá este próximo 26 de maio unha xornada especial xa que forma parte dos 86 concellos galegos que este ano participarán de novo na campaña Quere o teu o mercado, que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Federación Galega de Comercio.
Dalia García, a alcaldesa de Melide, explicou que esta iniciativa o que pretende “é incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e a profesionalidade e bo facer dos praceiros e praceiras leva a cabo”.
Deste xeito, baixo o lema Preto do teu corazón, unha serie de animacións de rúa e con agasallos para maiores e cativos, intentarán atraer clientes e transmitir todos os beneficios que ten consumir nos mercados de proximidade. O domingo en Melide repartiranse mandilóns, bolsas para as compras etc.. nos diferentes postos instalados na praza do Convento, praza das Coles e rúas anexas nas que se instala o mercado cada domingo.
Un dos obxetivos principais desta campaña é unir a nivel internacional aos mercados locais de diferentes formas e tamaños nun fin común: aumentar a súa visibilidade, a presenza de consumidores e o consumo no comercio de proximidade, ao tempo que se fortalecen os lazos de unión e a fidelización cos usuarios”.
Dende hai cinco anos a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, celebra a campaña “Quere o teu mercado”, co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.