Novas

Máis novas

Unha exposición de nivel internacional reúne a máis de mil cans en Melide

21/05/2019. O pazo de congresos e exposicións de Melide reunirá esta vindeira fin de semana a máis de mil cans entre o sábado e o domingo nunha exposición de nivel nacional e internacional organizada na vila pola Sociedade Canina Galega

MELIDE 21 de maio de 2019.- A alcaldesa de Melide, Dalia García e Tono Méndez, un dos principais organizadores das exposicións nacionais e internacionais que se celebrarán en Melide a próxima fin de semana, presentaron hoxe o evento aos medios de comunicación.

Melide acollerá durante as xorndas de sábado e domingo. O primeiro día celebrarase a 89 Exposición Nacional Canina C.A.C, e o domingo levarase a cabo a 39 Exposición Internacional C.A.C.I.B e a 90 Exposición Nacional Canina C.A.C. que terá lugar por primeira vez na vila e que está organizada pola Sociedade Canina Galega.

Os xuízos, comezarán o sábado pola mañá e rematarán o domingo pola tarde, onde se poñerán en xogo dous C.A.C, puntos para o Campionato de España e un C.AC.I. B, punto co que se pode obter o título de Campión Internacional. Ademais, o sábado pola mañá, faranse aptos de cría e rexistros iniciais para aqueles cans que sexan de raza e carezan de pedigree.

Entre os asistentes, haberá participantes nacionais e doutros países como Francia, Bélxica, Portugal, Rusia, Reino Unido, Perú, México e Alemaña que xa conseguiron o título de campión nos seus respetivos países e tentarán conseguir facerse co título de campión en España.

O evento xa conta con máis de 1000 exemplares inscritos de 120 razas diferentes onde as razas que terán maior representación na Exposición Nacional do sábado serán o Bulldog Francés, Labrador Retriever e Bullmastiff. O domingo na Exposición Internacional a raza con máis participantes é Bulldog Francés, seguida das razas Labrador Retriever e Bulldog Inglés.

Dalia García, rexedora de Melide, amosábase satisfeita porque unha vila como Melide fose capaz de acoller un evento destas características, propio de grandes cidades como Madrid, Barcelona ou Vigo e que este ano, converterán a Melide durante a última fin de semana de maio nun punto de referencia a nivel nacional e internacional no ámbito canino. Pola súa banda, Tono Méndez, facía especial fincapé en que “por primeira vez para achegarase o mundo do can a todos os públicos e farase alcanzable con entrada gratuíta, co fin de que todos poidan gozar deste evento”.

HORARIO DE ACTIVIDADES NO PALACIO DE CONGRESOS DE MELIDE

Todas as actividades levaranse a cabo no palacio de congresos e exposicións de Melide, comezando o sábado 25 de maio ás 9h da mañá cos primeiros xuizos, ás 15h terán lugar as finais infantís e xuvenís e ás 15.30h as grandes finais no correspondente á exposición nacional canina C.A.C.

A actividade o domingo comezará tamén ás 9h da mañá cos primeiros xuizos, e ás 14.30h as finais infantís e xuvenís e será ás 15h cando se deputen as grandes finais en relación á 39 Exposición Internacional Canina C.A.C.I.B. e a 90 Exposición Nacional Canina C.A.C. de Galicia.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp