Novas

Máis novas

A gala solidaria a favor das enfermidades infantís recauda máis de 3.000 euros

20/05/2019. O palacio de congresos de Melide acolleu o pasado xoves 16 de maio unha nova edición da gala solidaria que celebraba a súa sexta edición e facíao a favor dos nenos e nenas con enfermidades de longa duración, terminais ou cancro

MELIDE 20 de maio de 2019.- Melide reuniu a máis de 4.000 persoas no palacio de congresos e exposicións da vila o pasado xoves 16 de maio para celebrar unha edición máis da gala solidaria, que con este ano xa van seis.

Este ano, a temática era diferente a de anos anteriores, aínda que conservando o seu compoñente solidario, as persoas que participaron nesta gala tiveron a oportunidade de doar cartos para participar coas asociacións principais que axudan aos nenos e nenas e as súas familias con enfermidades terminais ou de longa duración.

A Fundación Andrea e a Fundación Cris, estiveron presentes en Melide durante a gala solidaria para recaudar fondos. Foron moitas as persoas que se achegaron a comprobar de primeira man cal é o traballo que se realiza desde este tipo de asociacións e como podían axudar. En total, recaudáronse máis de 3.000 euros directamente a falta de contabilizar aínda, segundo informacións da organización, os as doazóns que se fixeron nas contas bancarias.

En canto ás actuacións da gala solidaria en Melide este ano, enriba do escenario estiveron O Combo Dominicano, a Orquestra Ibiza e La Gramola discotecas móviles.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp