- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Os Trotaventos fan soñar en galego ao alumnado dos ceips de Melide
15/05/2019. O Concello de Melide a través da Concellería de Cultura organiza actividades de diversa índole musical e cultural dirixidas ao alumnado dos colexios da vila e aos veciños e veciñas en xeral para celebrar o día das Letras Galegas
MELIDE 15 de maio de 2019.- O Concello de Melide dende a súa Concellería de Cultura organiza diferentes actividades ao longo desta semana para celebrar o día das Letras Galegas que terá lugar o próximo venres, 17 de maio.
A programación comezou hoxe mércores cun concerto a cargo do grupo musical Os Trotaventos que tivo lugar esta mañá na casa da cultura. Desta iniciativa poideron gozar os nenos e as nenas de infantil e primeiro e segundo de primaria dos tres ceips de Melide. A actividade estivo baseada na música e na poesía dirixida aos “soñadores do mundo”, nun concerto inspirado nas músicas populares do mundo.
Mañá xoves, 16 de maio ás 10.30h e tamén na casa da cultura de Melide, terá lugar unha actividade dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, un concerto didáctico con instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade e xogo co efecto sorpresa serán a base deste espectáculo de Odaiko.
Xaquín Vázquez, técnico de normalización lingüística do Concello de Melide, será o condutor dun programa especial de radio que se emitirá na emisora local mañá xovoes dende ás 11.30h e que terá como protagonista á figura homenaxeada este ano o día das Letras Galegas, Antonio Fraguas.
EXPOSICIÓNS LETRAS GALEGAS EN MELIDE
No referente ás exposicións dentro da programación do día das Letras Galegas en Melide haberá dúas. A primeira leva por nome Antonio Fraguas 1905-1999 e poderá visitarse nos baixos da casa do concello do 16 ao 31 de maio.
A segunda das exposicións estará instalada na casa da cultura de Melide do 18 ao 25 de maio e chámase Territorio Acoutado, de Olga Patiño e Carlos Lorenzo.