- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Trece empresas presentaron ofertas para construír o novo centro de saúde
15/05/2019. Esta nova edificación sanitaria albergará un Punto de atención continuada, ademais de cinco consultas de medicina xeral, cinco de enfermería, unha de pediatría e outra de enfermería pediátrica. Terá unha superficie de 1.928,20 m2
MELIDE 15 de maio de 2019.- Un total de trece empresas presentaron ofertas para a construción do novo centro de saúde de Melide (A Coruña), licitado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Infraestruturas, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, cun orzamento previsto é de 3.049.203 euros.
O centro de saúde, que incluirá tamén un Punto de atención continuada (PAC), construirase nunha parcela cedida polo Concello de 4.968,50 m2. Esta nova construción situarase moi preto da actual e agrupará todos os servizos sanitarios nun só edificio. Terá unha superficie construída de 1.928,20 m2, o que representa un incremento do 60,69% respecto da superficie do actual centro de saúde, que dispón de 1.200 m2.
O edificio terá cinco consultas de medicina de familia e cinco de enfermería, una de pediatría e outra de enfermería pediátrica. Contará tamén cunha sala de toma de mostras, unha consulta de farmacia e unha consulta de matrona. Ademais terá sala de educación sanitaria, consulta de odontólogo e de hixienista e unha zona de fisioterapia que conta cunha ampla sala para ximnasio, ademais da consulta ao que hai que engadir cabinas de tratamento e sala de espera. Asemade contará con sala de xuntas, e estar do persoal, aseos, recepción, arquivos e almacéns, entre outros espazos.
En canto ao PAC disporá dunha consulta de medicina e unha consulta de enfermería, sala de reanimación-observación, recepción, aseos, vestiarios, esperas, tres dormitorios e sala de estar do persoal.
O concello de Melide ten 7.025 tarxetas sanitarias, das que 798 son pacientes en idade pediátrica. Mentres que as urxencias extrahospitalarias dan cobertura a 9.600 pacientes dos concellos de Melide, Toques e Santiso, sendo a media diaria de 26 atencións.