Novas

Máis novas

Melide acolle unha nova edición da gala solidaria contra o cancro infantil

14/05/2019. O palacio de congresos e exposicións de Melide será o lugar que acollerá o vindeiro xoves, 16 de maio, a VI gala solidaria que este ano será a favor dos nenos e nenas con enfermedidades de longa duración, terminais ou con cancro

MELIDE 14 de maio de 2019.- Melide acolle este xoves unha nova edición da gala solidaria. Este ano será o sexto consecutivo que entre os meses de maio e xuño se pon en marcha unha iniciativa solidaria a través dun concerto de diferentes orquestras galegas.

A cita deste ano, a diferenza de anos anteriores, será a favor da investigación do cancro infantil e apoio aos nenos e nenas con enfermedades de longa duración e terminais. As portas do palacio de congresos e exposicións de Melide abriranse ás 21.30h e as persoas que se acheguen poderán facer unha doazón ou facerse socio da Fundación Andrea ou da Fundación Cris, entidades que estarán presentes na nosa vila para dar a coñecer o seu labor solidario que desenvolven día a día.

En canto ás actuacións da gala solidaria en Melide este ano, enriba do escenario estarán O Combo Dominicano, a Orquestra Ibiza e La Gramola discotecas móviles.

MELIDE SOLIDARIO

Esta iniciativa solidaria ponse en marcha en Melide dende hai seis anos por parte da Asociación da Hostalería Melide Móvese e conta coa colaboración do Concello de Melide. A gala solidaria de 2018 recolleu en Melide 13,8 toneladas de alimentos e contou coa participación de 4.000 persoas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp