- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide ofrece máis dunha vintena de actividades nas Escolas Municipais para o curso 2017/2018
05/09/2017. Ofrécense actividades culturais e deportivas para todas as idades. Hipopresivos, jumping, TRX, bádminton e defensa persoal, novidades para os adultos
A Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Melide abre mañá o prazo para poder inscribirse nas actividades que ofrecerán este curso 2017/2018 as Escolas Municipais.
Máis dunha vintena de actividades diferentes serán as que dende o departamento que dirixe Dolores Gómez comecen co mes de outubro. O prazo de inscricións abre mañá mércores 6 de setembro e as persoas interesadas poderán formalizar a matrícula no departamento de Cultura do Concello de Melide. O prazo de inscrición remata o 21 de setembro e o día 26 publicaranse as listas de admitidos e lista de agarda.
Dolores Gómez, concelleira de Cultura e Deporte do Concello de Melide, explicaba que “como cada ano intentamos ofrecer alternativas novas para os nosos veciños e actualizar as nosas escolas como pode ser o caso da actividade de jumping ou TRX, moi de moda na actualidade”.
Dalia García, alcaldesa de Melide animaba a toda a veciñanza “a practicar actividade tanto deportiva como cultural na nosa vila, xa que a maiores de ser unha boa elección para os días longos de outono e inverno, serve para mellorar a nosa saúde e a nosa sociabilidade con nosos veciños”.
ACTIVIDADES PARA NENOS
Dentro das actividades que se poñerán en marcha para este curso 2017/2018 para os nenos e nenas ata os 16 anos, existen novidades como cociña, bádminton, baloncesto, balonmán, taekwondo, multideporte e atletismo, mantendose como en anos anteriores o teatro, ballet, pintura, gaita, percusión, baile galego, pandeireta, fútbol sala e patinaxe artístico.
ACTIVIDADES PARA OS ADULTOS
Aqueles veciños e veciñas que teñan máis de 16 anos, poderán gozar dunha boa oferta de actividades dentro das Escolas Municipais do Concello de Melide para o vindeiro curso. Así, as novidades para os máis maiores no ámbito deportivo están nas clases de hipopresivos, jumplig, TRX, bádminton e defensa persoal, manténdose as escolas culturais de fotografía, corte e confección, pintura, gaita e percursión.