Novas

Máis novas

Dous bronces e unha prata para as rapazas de Melide no Anaprode de Tarragona

07/05/2019. Tres mozas de Melide das escolas deportivas do Concello na modalidade de ballet conseguiron presea na final de Anaprode que se celebrou a pasada fin de semana no Palau de Tarragona e onde participaron concursantes a nivel nacional

MELIDE 7 de maio de 2019.- Mozas de Melide integrantes da actividade de ballet das Escolas Deportivas do Concello de Melide, participaron durante a pasada fin de semana na final do Concurso Anaprode (Asociación Nacional para el Apoyo y la Promoción da Danza en España) que tivo lugar no Palau de Tarragona.

Tres mozas de Melide desprazáronse ata esta cidade para participar na final deste campionato e as tres lograron distinguirse do resto dos participantes con dúas medallas de bronce e unha de prata. Marta Mosquera conseguiu o terceiro premio A para individual fusión en categoría tres con I don´t wanna be you any more. Outro bronce foi para Azucena Iglesias, co premio A para individual fusión na cateogoría 4 con “I feel like i´m drowning”, e a prata foi para Estela Sánchez cun premio A para individual obrigatorio clásico preparatorio II.

A súa adestradora Adriana Miguez, destacaba o alto nivel desta competención nacional, xa que compiten con bailaríns que teñen ata catro clases semanais.

ANAPRODE

O concurso de danza Anaprode ten como finalidade alentar e enriquecer aos estudos de danza das bailarinas e bailaríns amateus e pre-profesionais. Dentro do concurso hai varios estilos de danza e os concursantes poden presentarse de tres formas diferentes: en solitario a través dunha variación, modalidade dúo ou en grupos de entre tres e doce persoas. As idades están comprendidas entre os 8 e os 25 anos  e teñen que presentarse sempre a través dun profesor ou dunha escola de danza.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp