- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Descende o paro en Melide e Comarca no mes de abril
07/05/2019. O paro volve a descender en Melide e na Comarca no pasado mes de abril. A Comarca conta cun total de 553 desempregados e a vila de Melide con 371. O paro descende en Melide no pasado mes de abril nun total de 24 persoas
MELIDE 7 de maio de 2019.- Volve a descender o paro en Melide e na nosa Comarca no mes de abril. No total da Comarca son 28 persoas menos ás que xa non están no paro. Por Concellos, Melide lidera a caída do paro con 24 persoas menos desempregados no mes de abril e conta cun total de desempregados de 371. En Santiso e en Sobrado dos Monxes, o paro descende en cinco e unha persoa respetivamente e en Toques aumenta nunha persoa. Así, no conxunto total da Comarca o número de desempregados é 553, 28 persoas menos que no mes anterior.
Galicia é a comunidade autónoma na que máis baixou o paro no último ano cunha caída do 8,81%, superando o ritmo de baixada do Estado en 3,64 puntos. A Comunidade galega conta con 16.065 desempregados menos que hai un ano (44 parados menos ao día), o que sitúa a Galicia en niveis de paro moi inferiores aos de hai 10 anos. Así mesmo, apuntou que a Comunidade galega suma xa seis anos consecutivos de descensos do paro nun mes de abril.
Con respecto ás afiliacións, aumentaron nun 2,14%, o segundo maior incremento nun mes de abril desde o inicio da crise económica. Deste xeito, Galicia sumou no último ano 21.175 afiliacións máis (58 ao día), rexistrando seis anos de subidas consecutivas nun mes de abril. O dato sitúa á comunidade nun nivel superior ao reflectido hai 9 anos.