Novas

Máis novas

Melide acolleu as probas internacionais para cans de rastro de coello

06/05/2019. Melide celebrou esta pasada fin de semana unha nova edición das probas internacionais para cans de rastro de coello e foi sede para a Copa Galicia destas probas que tivo lugar onte domingo nos tecores da Terra de Melide de Ulloa

MELIDE 6 de maio de 2019.- O Concello de Melide acolleu as probas internacionais para cans de rastro de coello Copa Galicia que se celebraron a pasada fin de semana.

As probas comezaron xa o pasado venres e desenvolvéronse durante as xornadas de sábado e domingo as diferentes competicións nas que os cans de rastro de coello foron desta volta os protagonistas.

O venres e sábado foron as probas de rastro de coello onde todos os días se optou a un CACT. Durante a xornada de onte domingo,  desputouse a Copa Galicia Terra de Melide de rastro de coello con varios premios. Desputouse nos tecores de Palas de Rei, a Ulloa, Toques, A Xuntanza e Melide.

Os gañadores da Copa Galicia foron Alfonso Rey na primeira posición, Carlos Casas na segunda e Marcelo Arosa, na terceira. En canto ás probas do venres e o sábado non houbo clasificación si puntacións para os cans participantes.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp