Novas

Máis novas

O V Festival de Habaneras homenaxeou en Melide á música cubana

06/05/2019. A casa da cultura de Melide acolleu esta pasada fin de semana o quinto Festival de Habaneras onde participaron varias corais da contorna e a local e onde se puxo en valor a canción cuabana. Celebrouse na casa da cultura da vila

MELIDE 6 de maio de 2019.- A casa da cultura acolleu na xornada de onte unha nova edición do Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” que se celebra dende hai cinco anos na nosa vila de Melide.  Durante este encontro musical o protagonismo foi para as cancións populares habaneiras, das que cada coral participante ofreceu un pequeno repertorio.

A esta quinta edición do Festival de Habaneras en Melide acudiu “Armonia” de Ferrol, “Sons do Farelo” de Antas de Ulla, “Costumes” de Bergondo e a Coral Polifónica de Melide.

Foi un evento organizado pola Coral Polifónica de Melide e que contou co patrocinio da Federación da Coral Galega, A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Melide.

CORAL POLIFÓNICA DE MELIDE

A Coral Polifónica de Melide naceu no ano 1982 baixo a dirección de Andres Sampayo Sixto e debuta durante as Festas do San Roque. Foi no ano 1991 cando comezou a levar a súa música polas vilas e cidades de Galicia e de España e Portugal. Organiza todos os anos o Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” a Semana da Música “Terra de Melide” e o Festival de Panxoliñas no nadal.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp