Novas

Máis novas

Preto de 900 persoas reuníronse en Melide na xuntanza anual do centro social

06/05/2019. O Concello organizou este pasado domingo unha xornada de confraternidade que reuniu a preto de 900 persoas, veciños e veciñas da vila e de concellos limítrofes para celebrar a xuntanza anual dos socios e socias do centro social

MELIDE 6 de maio de 2019.- Melide reuniu a preto de 900 maiores na xuntanza anual dos socios e socias do centro social da vila. Como cada ano, o Concello de Melide organizou unha comida de confraternidade que reuniu ás persoas que no seu día a día visitan o centro social melidense ubicado na rúa principal de Melide, no casco antigo da vila.

A xornada comezou onte ás 13h cunha misa por todos os socios e socias, máis tarde todos os participantes desprazáronse ata o palacio de congresos e exposicións de Melide onde compartiron un xantar de confraternidade. O día rematou con música da man dunha orquestra.

A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide organiza cada ano esta xuntanza na que participan os socios e socias do Centro Social, onde comparten unha xornada de confraternidade fóra das súas rutinas diarias. Unha homenaxe a persoas que levan adicado toda unha vida ás súas familias e que agora gozan dun merecido descanso.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp