- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Os centros educativos de Melide compartirán o servizo de autobús cos veciños do rural durante o vindeiro curso
07/09/2017. O servizo de transporte escolar dos tres colexios máis do IES de Melide poderá ser utilizado pola veciñanza do rural. Non todas as rutas serán compartidas, os autobuses que estarán dispoñibles para os veciños do rural terán un cartel identificativo
O CEIP Nº1, o CEIP Martagona, o CEIP Mestre Pastor Barral e o IES de Melide compartirán o seu servizo de transporte escolar este curso 2017/2018 co rural melidense. Trátase dunha nova modalidade que funciona con éxito noutras comunidades autónomas desde hai anos e mesmo en Galicia a través do Tes+Bus. Este novo Plan de transporte público prevé un conxunto de garantías e normas destinadas a ofrecer o correcto funcionamento desta modalidade de transporte compartido, que comezará a funcionar o vindeiro luns, co inicio do curso escolar.
Os escolares teñen blindada a atención as súas necesidades, xa que os contratos establecen o carácter absolutamente prioritario da atención ás necesidades dos alumnos. Así, os horarios, as paradas e os itinerarios mantéñense intactos, polo que o uso compartido do autobús non supón alteración algunha no servizo aos escolares.
Os acompañantes e os condutores terán unha instrución precisa sobre como proceder en cada situación, con capacidade para impedir o acceso ao autobús de persoas que poidan representar un perigo para os menores.
RUTAS COMPARTIDAS CON IDENTIFICACIÓN
Non todas as rutas que realiza o transporte escolar en Melide serán beneficiarias deste servizo para os veciños e veciñas do rural. Polo tanto, as persoas que queiran utilizar este método de transporte terán que fixarse nas diferente liñas, xa que, o propio autobús estará identificado como transporte compartido ou non.