Novas

Máis novas

A Escola Infantil Municipal de Melide abre a matrícula para o curso 2019/2020

02/05/2019. A Escola Infantil Municipal de Melide ten aberto o prazo de matrícula dende hoxe xoves e ata o 15 de maio. A entrega de solicitudes realízase no propio centro educativo, situado na rúa Martagona enfronte ao CEIP nº 2 da vila

MELIDE 2 de maio de 2019.- A Escola Infantil de Melide abre hoxe o prazo para poder inscribir os máis cativos e cativas da vila. Así o prazo de solicitude está aberto entre hoxe e ata o 15 deste mes de maio e a entrega de solicitudes realizarase na mesma escola infantil.

Para as solicitudes de novo ingreso os pais terán que presentar a solicitude de ingreso nas mesmas instalacións da escola situadas na rúa Martagona fronte ó colexio público número 2 de Melide. O mesmo procedemento seguirase para aquelas familias que xa teñan alumnado escolarizado no centro e que teñan que solicitar a reserva de praza para o curso 2019/2020, só que estas familias terán que presentar a solicitude de reserva e a maiores a copia da declaración da renda 2017.

Dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide que dirixe María Jesús López Mourón, infórmannos que aqueles alumnos e alumnas que xa fosen admitidos con anterioridade terán garantido o acceso ós novos cursos sen necesidade de someterse a ningún proceso de admisión, tendo a obriga de comunicar as variacións socioeconómicas sufridas pola unidade familiar de ser o caso.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp