- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Tres mozas de Melide participan na final de Anaprode en Tarragona
30/04/2019. Tres mozas da vila da actividade de ballet das Escolas Deportivas do Concello participarán dende o venres na final de Anaprode que se celebrará en Tarragona. Clasíficáronse despois do seu bo facer hai unhas semanas na capital galega
MELIDE 30 de abril de 2019.- Mozas de Melide integrantes da actividade de ballet das Escolas Deportivas do Concello de Melide, participarán dende o próximo venres e durante toda a fin de semana na final do Concurso Anaprode (Asociación Nacional para el Apoyo y la Promoción da Danza en España) que terá lugar no Palau de Tarragona.
En total serán tres mozas de Melide as que participarán nestas probas finais. Estela Sánchez, clasificada na categoría individual clásico preparatorio 2, Azucena Iglesias na categoría 4 no estilo fusión e Marta Mosquera, clasificada na categoría 3 en individual fusión. As tres veciñas da vila conseguiron o seu pase á final na proba clasificatoria que se celebrou hai unhas semanas en Santiago de Compostela.
CONCURSO ANAPRODE
O concurso de danza Anaprode ten como finalidade alentar e enriquecer aos estudos de danza das bailarinas e bailaríns amateus e pre-profesionais. Dentro do concurso hai varios estilos de danza e os concursantes poden presentarse de tres formas diferentes: en solitario a través dunha variación, modalidade dúo ou en grupos de entre tres e doce persoas. As idades están comprendidas entre os 8 e os 25 anos e teñen que presentarse sempre a través dun profesor ou dunha escola de danza.