Novas

Máis novas

Melide acolle o V Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” este domingo

30/04/2019. O V Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” celebrarase este domingo 5 de maio ás 19.30h na casa da cultura de Melide con entrada libre e gratuita. O evento, adiántase a súa celebración habitual que tiña lugar no mes de xullo

MELIDE 30 de abril de 2019.-  O próximo domingo 5 de maio, Melide acollerá unha nova edición do Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” que terá lugar na casa da cultura ás 19.30h da tarde. Este encontro, que se realiza na vila por quinto ano consecutivo, pretende ser un encontro musical no que as protagonistas son as populares habaneiras, das que cada coral participante ofrecerá un pequeno repertorio.

A esta quinta edición do Festival de Habaneras en Melide acudirá “Armonia” de Ferrol, “Sons do Farelo” de Antas de Ulla, “Costumes” de Bergondo e a Coral Polifónica de Melide.

Trátase dun evento organizado pola Coral Polifónica de Melide e que conta co patrocinio da Federación da Coral Galega, A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Melide.

CORAL POLIFÓNICA DE MELIDE

A Coral Polifónica de Melide naceu no ano 1982 baixo a dirección de Andres Sampayo Sixto e debuta durante as Festas do San Roque. Foi no ano 1991 cando comezou a levar a súa música polas vilas e cidades de Galicia e de España e Portugal. Organiza todos os anos o Festival de Habaneras “Camiño de Santiago” a Semana da Música “Terra de Melide” e o Festival de Panxoliñas no nadal.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp