- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Homenaxe á cultura e á música tradicional galega coa Esmorga de Melide
26/04/2019. A Esmorga sufriu modificacións logo da renuncia de Pepe Vaamonde, Blues do País, Sacha na Horta que nun momento confirmaron a súa presencia, pero por motivos que o empresa organizadora traslada ao Concello non estarán no cartel
MELIDE 26 de abril de 2019.- O Concello de Melide ven de anunciar que levará a cabo a programación cultural para este sábado 27 de abril e domingo 28 co galo da celebración do evento denominado como Esmorga de Melide, un evento que nace para impulsar e dinamizar a vida turística e cultura no pobo, cuestión que se deixou explicitada por parte do goberno municipal no pleno extraordinario celebrado ao respecto no mes de marzo cando a Asociación O Castelo decide unilateralmente non organizar a Foliada de Melide. Dende o Concello de Melide lamentase profundamente que os motivos da baixa dos grupos que aceptaran estar na vila durante este fin de semana para homenaxar a cultura e a música galega sexan o malestar xerado por redes chegando a comentarios e actos violentos por ter tomado unha decisión que non vai máis alá dun tema profesional e artístico sen ningún afán de molestar a ningunha das partes así como perigo de que no día das actuacións se poida xerar calquera situación violenta.
Así foi trasladado, por parte dos organizadores do evento ao goberno, son eles mesmos, quen poñen a dispor do Concello de Melide todas as accións legais que poidan chegar a estudarse contra esta situación. “Se alguén se alegra de botar abaixo un evento para afeccionados da música e do baile tradicional fraco favor lle fan a Melide e as súas xentes; o asociacionismo e a reinvindicación en prol da cultural galega é algo ben diferente á demagoxía que se está a utilizar neste tema” apuntan dende o goberno local.
En todo caso, o goberno municipal programará igualmente unha xornada adicada á cultura e a música tradicional galega coa programación de diferentes citas musicais así como para todos os públicos, actividades que se pecharán o domingo cunha sesión vermú para poñer en valor a música e a cultura tradicional.
En todo o caso, apuntan fontes municipais, patrimonializar a cultura galega como bandeira de uns poucos dí moito do que hai detrás de deixar de organizar o evento anterior e mostra a clara intencionalidade de deixar a Melide orfo de cultura galega sen explicar os verdadeiros motivos da renuncia. Por fortuna, existe a liberdade de programación, cousa que o Concello de Melide apoia en cada evento cultural, musical ou artístico tanto no caso que sexa programación propia como colaboracións coas diferentes entidades sociais e culturais da vila.
A programación da Esmorga de Melide comezará mañá ás 13.30h na praza das Ichoas co concerto de Andrés Penabad en sesión vermú. Será ás 17h cando sexa a quenda para os máis cativos e cativas coa Esmorga Miúda que se celebrará na praza do Convento e correrá a cargo de Anxo Moure, con contos de natureza e Espazo de Xogos. Ás 18h da tarde Airiños de Gonzar, poñerá a música galega ás rúas de Melide. Ás 19h, soará Pan Sen Fron, Pandereteiras sen fronteiras, que levarán a música tradicional polo casco antigo da vila.
Os concertos nocturnos correrán a cargo de Vanesa Muela e A Roda, comezarán ás 22h da noite e a cita será na praza das Ichoas.
Xa para o domingo, 28 de abril, o broche á Esmorga de Melide será coa música de Isidro Vidal ás 13h na praza das Ichoas.