Novas

Máis novas

Os contos de Pablísimo chegan á biblioteca para celebrar o día do Libro

25/04/2019. Cativos e cativas dos tres colexios de Melide gozaron hoxe na biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor dos contacontos en igualdade de Pablísimo que tiñan como obxetivo principal erradicar a desigualdades entre o alumnado

MELIDE 25 de abril de 2019.- O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura, celebrou o día do Libro cun contacontos para a coeducación e igualdade. A cita foi esta mesma mañá cos escolares de primeiro, segundo e terceiro curso de educación primaria dos tres CEIPs da vila: o colexio nº1, o colexio da Martagona e o o colexio Mestre Pastor Barral.  O lugar de xuntanza foi na biblioteca Xosé Vázquez Pintor de Melide.

A actividade, que se puxo en marcha para celebrar o día 23 de abril, día do Libro, enmárcouse dentro do programa Ler Conta Moito e tivo como obxetivo fomentar a igualdade entre homes e mulleres a través dos contos. A Melide chegou hoxe Pablísimo, co seu contacontos “Príncipas e princesos”  que abrangue tres contos: “O príncipe Cincento”, “As princesas tamén botan peidos” e “a princesa e o Chícharo”.

Os contos de Pablísimo, é unha compañía especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeno e mediano formato toman sempre como base a literatura infantil, os contos clásicos, contemporáneos e de creación propia, a tradición oral e o teatro.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp