Novas

Máis novas

O alumnado do Centro Ocupacional visitou centro ecuestre das Pías

24/04/2019. O alumnado do Centro Ocupacional de Melide visitou na xornada de onte o centro ecuestre Marco das Pías no concello veciño de Sobrado dos Monxes. Pasaron un día diferente acompañado dos seus compañeiros e tamén dos seus monitores

MELIDE 24 de abril de 2019.- O alumnado do Centro Ocupacional de Melide gozou dunha xornada diferente no día de onte no campamento ecuestre do marco das pías situado en Sobrado dos Monxes.  Os usuarios e usuarias compartiron onte o día con profesionais cualificados e experimentados apaixonados no mundo ecuestre que intentaron trasmitir aos veciños e veciñas de Melide os seus coñecementos e a enerxía que rodea ao traballo do día a día con cabalos.

Coñeceron o ciclo produtivo dos cabalos, dende o nacemento dos potros e ata os adestramentos máis sofisticados para preparar competicións de máxima categoría, tanto nacional como internacional.

CENTRO OCUPACIONAL DE MELIDE

Ao Centro Ocupacional de Melide asisten homes e mulleres con diferentes capacidades de tipo psicomotórico e sensoriais, de diversas características madurativas e de organización cognitiva. Na actualidade, conta con 13 alumnos e alumnas de diferentes idades e patoloxías tanto físicas como psíquicas. Todos eles asisten ás actividades en horario de 09.00 a 13.30 horas de luns a venres. Son diferentes as disciplinas que se imparten no centro de xeito anual coma música, cociña, informática, alfabetización, obradoiros de diverso tipo ou natación.

Os usuarios realizan un numerosas de actividades tanto na propia aula coma fóra, participando en cada evento que se organiza dende o Concello. Entre eles atópanse a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional, a colocación do tradicional Belén na Igrexa parroquial, a presentación no concurso de Entroido, etc.. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp