- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide celebra o día do Libro cun contacontos na biblioteca municipal
23/04/2019. O Concello, a través da súa Concellería de Cultura organiza para celebrar o día do Libro, que se celebra hoxe 23 de abril, un contacontos na biblioteca municipal da vila a cargo de Pablísimo, contos para a coeducación e igualdade
MELIDE 23 de abril de 2019.- O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura, celebra o día do Libro cun contacontos para a coeducación e igualdade. A cita será cos escolares de primeiro, segundo e terceiro curso de educación primaria dos tres CEIPs da vila: o colexio nº1, o colexio da Martagona e o o colexio Mestre Pastor Barral. O lugar de xuntanza será na biblioteca Xosé Vázquez Pintor de Melide durante a mañá do xoves 25 de abril.
A actividade que se pon en marcha para celebrar o día 23 de abril, día do Libro, enmárcase dentro do programa Ler Conta Moito e terá como obxetivo fomentar a igualdade entre homes e mulleres a través dos contos. A Melide chegará Pablísimo, co seu contacontos “Príncipas e princesos” que abrangue tres contos: “O príncipe Cincento”, “As princesas tamén botan peidos” e “a princesa e o Chícharo”.
Os contos de Pablísimo, é unha compañía especializada en contacontos, teatro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeño e mediano formato toman sempre como base a literatura infantil, os contos clásicos, contemporáneos e de creación propia, a tradición oral e o teatro.