Novas

Máis novas

Preto de 900 veciños escollen para informarse a app “Melide Informa”

17/04/2019. Durante o primeiro ano de existencia da app “Melide Informa”, a ferramenta para información local conta con 887 usuarios de alta na plataforma. A aplicación é totalmente gratuita e é compatible con dispositivos IOS e Android

MELIDE 17 de abril de 2019.- O Concello de Melide fai balance do primeiro ano en funcionamento da aplicación “Melide Informa”. Nestes momentos, un total de 887 veciños e veciñas, 803 en dispositivos android e 84 en dispositivos IOS, xa a teñen instaladas nos seus terminais móbiles e fan uso dela para poder coñecer a actualidade da vila día a día.

“Melide Informa”, púxose en marcha no mes de abril do ano 2018, para ofrecer a información local aos veciños de maneira inmediata e nos seus propios móbiles.

“Melide informa” é unha aplicación moi sinxela e está estruturada de forma que o veciño ou veciña poida configurala e usala dacordo coas súas necesidades ou intereses. Esta ferramenta, envía á veciñanza notificacións emerxentes e instantáneas aos seus terminais móbiles sobre cinco categorías: cultura e ocio, horarios, servizos, novas e información xeral. Unha información que se complementa cunha axenda de actividades e cunha lista telefónica.

APP “MELIDE INFORMA”

A APP pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscando polo nome "Melide Informa") para os usuarios e usuarias da plataforma Android ou na App Store (procurar "Bandomovil") para os dispositivos con IOS de Apple. Unha vez descargada esta a aplicación de “Bandomovil” nos móbiles con sistema operativo IOS, bastará con seleccionar “Melide Informa”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp