Novas

Máis novas

Melide reunirá a preto dun milleiro de maiores na súa xuntanza anual

17/04/2019. O Concello organiza como cada ano a xuntanza de maiores no palacio de congresos de Melide. O ano pasado 900 persoas reuníronse nesta cita e este ano, pretenden superar esa cifra. Compartirán comida de confraternidade e baile

MELIDE 17 de abril de 2019.- O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Igualdade e Benestar Social, reunirá a todos os socios e socias do Centro Social como é habitual nunha xuntanza anual que xa ten data e que será o domingo 5 de maio.

Así o vén de comunicar por medio dunha misiva a todos os socios e socias do centro social de Melide no que se lles convida a un novo xantar de irmandade da terceira idade, como ocorre cada ano por estas datas.

O programa da xornada comezará ás 13h do mediodía onte os participantes acudirán a unha misa na igrexa parroquial de Melide a inteción de todos os veciños e veciñas do centro social. A continuación, desprazaranse ata o palacio de congresos e exposicións da vila onde sobre as 14h do mediodía comezará o xantar de confraternidade con baile da man dunha orquestra ao remate.

Dende o pasado luns, os interesados e interesadas en participar poden achegarse ata o centro social de Melide a recoller as súas entradas. Recórdannos que para recoller as entradas será necesario ir acompañados do dni.  Para dúbidas ou máis información poden achegarse ata o centro social de Melide ou no teléfono 981 50 57 06.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp