Novas

Máis novas

A biblioteca municipal de Melide forma parte da plataforma única de xestión

16/04/2019. A biblioteca municipal da vil avén de adherirse a unha plataforma única de xestión que permite o acceso dos usuarios a todos os fondos da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e á plataforma de préstamo on lun GaliciaLe

MELIDE 16 de abril de 2019.- A biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor de Melide vén de adherirse ao sistema integrado de xestión bibliotecaria, un software de código aberto que permite a integración de todas as bibliotecas públicas de Galicia nunha contorna unificada, tanto para o traballo dos técnicos das bibliotecas como para a consulta dos catálogos de Galicia por parte de calquera usuario.

O novo sistema de xestión bibliotecaria, denominado koha,  vai permitir mellorar o servizo para os usuarios de cada biblioteca e da Rede en xeral tras a creación dun catálogo único, accesible a través da web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal. Entre as vantaxes que perciben os usuarios está o acceso, cun carné único de bibliotecas, aos servizos de todas as bibliotecas públicas integrada e a posibilidade de facer xestións en liña como a solicitude do propio carné, reservas, renovacións... así como xestionar a petición de libros a través da plataforma GaliciaLe, un sistema pioneiro de préstamo de libro electrónico. 

Así mesmo, con este sistema tamén se logra homoxeneizar e simplificar a catalogación das coleccións e, en definitiva, camíñase cara ao funcionamento común dos centros integrados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, así como cara á mellora do servizo para os usuarios. 

A última Xunta de Goberno Local celebrada no Concello de Melide deu luz verde a que a biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor de Melide forme parte desta plataforma única de xestión que beneficiará a todos os veciños e veciñas da vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp