- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A XGL aproba oito actuacións en seis parroquias de Melide
15/04/2019. A última Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou a realización de diferentes actuacións en seis parroquias de Melide que verán melloradas os seus accesos así como tamén a limpeza de maleza das cunetas das súas pistas
MELIDE 15 de abril de 2019.- A última Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou a realización de melloras na pista de acceso á Escola de Balta, a pista de Baltar á Uceira en Golán, a pista de Castiñeiroa cara Casas Novas, o acceso a Xubial dende a AC-840, o acceso ao Pazo de Tarrío, o acceso ao Alto, unha pista en Maceda e o acceso a Santalla de Agrón.
Son un total de oito actuacións que comprenden non só a mellora do firme nas pistas senon tamén a limpeza de cunetas. Sendo beneficiarias as parroquias de Baltar, Golán, Castiñeiroa, Xubial, Maceda e Santalla de Agrón. Na última XGL, foi proposta a adxudicación destas obras a Construcciones Leonardo Miguélez, logo de superar todos os trámites administrativos pertinentes.
RÚA MATEO SEGADE BUGUEIRO
Así mesmo, na última XGL melidense, tamén se solicitou a documentación para seguir co proceso de contratación para a reforma e posta en valor da rúa Mateo Segade Bugueiro de Melide.