- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide ampliará o ximnasio cunha aula biosaudable
11/04/2019. O goberno local aprobou en Xunta de Goberno local a ampliación do ximnasio municipal cunha aula biosaudable que se contruirá anexa ao actual edificio. Terá un orzamento de preto 60.000 euros e ampliará a oferta deportiva na vila
MELIDE 11 de abril de 2019.- O Concello de Melide vén de aprobar en Xunta de Goberno Local a ampliación do ximnasio municipal cunha aula biosaudable anexa ao edificio actual. A superficie construida deste anexo será de 109 metros cadrados.
O proxecto, que conta cun orzamento de 59.976, 83 euros, poñerase en marcha para ampliar a oferta deportiva e de ocio da vila cun equipamento multifuncional e adaptable a distintas actividades e colectivos. Esta ampliación realizarase ao noroeste da fachada da piscina municipal e contará con acceso propio e tamén será accesible desde a propia recepción do edificio do ximnasio e poderá funcionar de maneira conxunta ou independente. Será un espazo que acollerá actividades dirixidas como pilates, artóbic, step, zumba, tonificación, baile moderno, etc...ou outras modalidades deportivas segundo a demanda dos usuarios e usuarias.