- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Nova campaña de recollida de plásticos nas parroquias de Melide
10/04/2019. O Concello organiza o 23 e 24 de abril unha nova recollida de plásticos agrícolas nas parroquias. Dada a complicada reciclaxe destes plásticos e debido a súa alta contaminación dende o ente local dan luz verde a esta iniciativa
MELIDE 10 de abril de 2019.- O Concello de Melide a través da súa Concellaría de Medio Ambiente desenvolverá unha campaña de reciclaxe de plásticos agrícolas establecendo un calendario de recollida por todas as parroquias.
A recollida efectuarase o martes 23 e o mércores 24 de abril. Un vehículo encargarase da recollida destes materiais, que os veciños, informados por un bando municipal, irán depositando nos lugares de costume das distintas parroquias. Milleiros de quilos de plásticos agrícolas serán tratados para a súa reciclaxe grazas a unha iniciativa do Concello de Melide e que ten por obxectivo eliminar estes restos, fundamentalmente agrícolas, dos vertedoiros ilegais e dos contornos domésticos.
O amoreamento de plásticos procedentes de silos agrícolas e doutras tarefas do campo resultan un problema de difícil solución para os labregos, dada a difícil capacidade de deterioro destes materiais. Por iso, e para evitar o amoreamento de plásticos en vertedoiros incontrolados ou provocando contaminación visual a carón dos domicilios e explotacións gandeiras, o Concello de Melide promove unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas establecendo un calendario para todas as parroquias.
Dende o Concello de Melide, faise especial fincapé en que só se depositen nestes lugares plásticos de silo e non envases de plástico, xa que estes dous residuos teñen procesos de reciclaxe diferentes e polo tanto non se poden mesturar.