- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello ten a exposición pública o censo para as eleccións municipais
08/04/2019. O Concello ten a exposición pública ata o 15 de abril o censo electoral para as vindeiras eleccións municipais de maio. As persoas interesadas en consultalo poden visitar as dependencias locais de 9h a 14h de luns a venres
MELIDE 8 de abril de 2019.- O Concello de Melide ten a exposición pública dende o día de hoxe o censo electoral da vila de Melide para que os electores poidan comprobar a súa inclusión e subsanar posibles erros de inscrición para as eleccións municipais e eleccións ao parlamento europeo que se celebrarán o vindeiro 26 de maio.
O prazo para comprobar a inclusión no censo e solucionar os posibles erros será ata o vindeiro luns 15 de abril. A exposición das listas poderá consultarse na secretaría xeral do Concello de Melide, en horario de 9h a 14h de luns a venres.
O censo que votará o 26 de maio pechouse o 30 de xaneiro de 2019. As persoas que actualizase os seus datos de empadroamento, por un cambio de domicilio dentro do municipio de residencia con posterioridade a esa data, deben votar no seu domicilio anterior, polo que é recomendable consultar o censo todas as persoas que cambiasen de zona de residencia. É especialmente aconsellable que comproben a súa inscrición persoas que votan por primeira vez por ter xa cumpridos os 18 anos de idade ou a nacionalidade española.
De acordó co artigo 39 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, o censo vixente para estas eleccións recolle todas as variacións que tiveran os electores ata o 30 de xaneiro de 2019, polo que todo cambio de domicilio ou modificación no padrón de habitantes realizados con posterioridade a esa data, non vai figurar no censo electoral.