- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Macbeth, o ruído e a furia, pecha o ciclo de teatro para adultos en Melide
08/04/2019. A pasada fin de semana Melide acolleu un ciclo de teatro para adultos que pechará a súa programación o vindeiro venres 12 de abril coa representación “Macbeth, o ruido e a furia” con entrada libre e gratuita na casa da cultura
MELIDE 8 de abril de 2019.- O Concello de Melide dende a súa Concellería de Cultura, ten en marcha un ciclo de teatro para adultos que se celebrou a pasada fin de semana e que rematará o vindeiro venres 12 de abrió coa representación de Macbeth, o ruído e a furia de Estudio Momento.
Trátase da adaptación en verso de Manuel Lourenzo. A traxedia celta de William Shakespeare protagonizada por Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo. Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos en sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais. A cita será ás 21h da noite o venres 12 de abril con entrada libre e gratuita.
“RACLETTE” E “COMMEDIA” A PASADA FIN DE SEMANA
O ciclo de teatro para adultos en Melide está formado por tres representación teatrais, dúas delas tiveron lugar a pasada fin de semana.
O ciclo abriuno a obra “Raclette”. Unha representación na que cinco protagonistas conformaron un mosaico humanos, cinco persoas que estaban pasando por momentos cruciais nas súas vidas, momentos de cambio e inestabilidade, marcados por acontecemento que deixan marca para o resto da súa existencia.
A quenda o sábado foi para Contraproduccións coa representación “Commedia”, con tres galardóns nos Premios de Teatro María Casares neste 2019. Un espectáculo inspirado na Commedia dell´arte, da que toma as súas personaxes e tense levado a escena en máis de 200 funcións en España, Francia e Portugal. Unha representación baixo a dirección co coñecido artista galego, Cándido Pazó.
ABRIL CULTURAL EN MELIDE
A maiores do ciclo de teatro para adultos, a vindeira fin de semana a vila tamén acollerá a Proba Internacional de disciplinas superiores de spaniels e as probas de actitudes naturais da Terra de Melide, e tamén a proba de cobro de auga. Será a última fin de semana de abril cando chega a Esmorga a Melide, para rendir homenaxe á cultura e a música tradicional galega.