Novas

Máis novas

Éxito de participantes nunha nova edición da Copa Galicia de rastro de xabarín

08/04/2019. Melide volveu a ser sede por quinto ano consecutivo para acoller as probas da Copa Galicia de cans de rastro de xabaríl. Ata a vila desprazáronse persoas chegadas dende diferentes lugares de Galicia e de fóra da nosa comunidade

MELIDE 8 de abril de 2019.- Melide volveu ser a vila elixida por quinto ano consecutivo para celebrar a proba internacional de cans de rastro de xabaril que se celebrou esta pasada fin de semana e que contou con numerosos participantes chegados dende moitas zonas de Galicia e fóra dela, Asturias, Burgos, País Vasco, Madrid ou Cantabria entre outras.

A primeira proba, desputouse o sábado e foi a de cans de rastro de xabaril a nivel nacional e internacional, mentres que na xornada do domingo, a quendou para os locais dos tecores de Melide, A Xuntanza e a Ulloa. Tanto o sábado como o domingo, os participantes partiron pola mañá  do Palacio de Congresos e Exposicións da vila para comezar a concursar cara os montes do Bocelo. Ao remate das probas compartiron un xantar que rematou coa entrega de premios aos mellores participantes.

Durante esta fin de semana tamén se procedeu a outorgar o recoñecemento de Maestro Montero da Terra de Melide, unha entrega simbólica que a organización fai a un dos participantes que o converte en embaixador destas probas que se realizan no municipio. Este ano foi para José Quintela García.

Os tres primeiros postos foron para Salvador Sestela con Beba, Martín Martínez con Paco e o terceiro para Luis Otero con Felipe.

As probas foron organizadas pola Sociedade de Caza da Terra de Melide, Tecor da Ulloa e Tecor A Xuntanza coa colaboración do Concello de Melide, a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Arion, Caixa Rural Galega e a Federación Galega de Cans.

MÁIS ACTIVIDADE CINEXÉTICA EN MELIDE

A próxima fin de semana tamén haberá actividade cinexética en Melide, serán as probas de traballo internacional para spaniels e celebraranse os días 12, 13 e 14 de abril.

O día 12 desputarase a I Proba Caza Práctica Mención CACT, o día 13 a II Proba Caza Práctica- CACT Proba Cobro en Auga e o 14 de abril será a proba caza práctica mención CACT. Estas probas están organizadas pola Sociedade Canina Galega.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp