Novas

Máis novas

Sesenta veciñas participarán nunha xornada adicada á muller en Melide

05/04/2019. O Concello ten organizado para mañaá sábado un xantar-coloquio que levará por nome “O papel da muller ao longo da nosa historia” e que se celebrará ao abeiro da programación organizada para conmemorar o 8M, día da muller

MELIDE 5 de abril de 2019.- O Concello de Melide a través da súa Concellería de Traballo, Igualdade e Benestar Social ten organizado para mañá para sábado un acto de confraternidade para as mulleres da vila que terá como obxetivo principal celebrar un xantar-coloquio que se chamará “O papel da muller ao longo da nosa historia”.

Serán un total de 60 mulleres de Melide as que compartirán un día fóra das súas rutinas. Será no Balneario Río Pambre e forma parte da programación que se puxo en marcha dende o Concello de Melide para conmemorar o día da Muller o 8 de marzo. A maiores do xantar, as participantes compartirán un coloquio coa psicóloga e a avogada do Centro de Información á Muller, María Gómez e Silvia Míguez, para coñecer polo miúdo os servizos que se prestan ás mulleres dende propio Concello. A esta charla tamén se unirán veciñas de Melide que desempeñan dende hai anos traballos considerados  hai anos baixo prexuízos masculinos. Contarán a súa experiencia unha empresaria dun negocio de ferrallas e unha policía nacional.

De Melide partirá mañá sábado ás 13.30h dende o cantón de San Roque un autobús en dirección ao Balneario de Pambre en Palas de Rei onde se desenvolverá a xornada ao completo. Xa está confirmada a asistencia a este acto da secretaría xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella,  da alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, e da concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López Mourón.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp