Novas

Máis novas

Melide repite como sede para as probas internacionais de cans de rastro

04/04/2019. Como vén sendo habitual e dende hai cinco anos, Melide volve ser sede para acoller as probas internacionales de cans de rastro de xabaril da Terra de Melide na Copa Galicia máis importantes de España con proxección internacional

MELIDE 4 de abril de 2019.- Melide volve a ser a vila elixida por quinto ano consecutivo para celebrar a proba internacional de cans de rastro de xabaril. Terá lugar nas xornadas do sábado e domingo, 6 e 7 de abril.

A primeira proba, desputarase o sábado e será a de cans de rastro de xabaril a nivel nacional e internacional, mentres que na xornada do domingo, a quenda será para os locais dos tecores de Melide, A Xuntanza e a Ulloa. Tanto o sábado como o domingo, os participantes partirán ás 9h da mañá  no Palacio de Congresos e Exposicións da vila para comezar a concursar cara os montes do Bocelo. Ao remate das probas compartirán un xantar que rematará coa entrega de premios aos mellores participantes.

Durante esta fin de semana tamén se procederá a outorgar o recoñecemento de Maestro Montero da Terra de Melide, unha entrega simbólica que a organización fai a un dos participantes que o converte en embaixador destas probas que se realizan no municipio.

Ata Melide achegaranse persoas de diferentes partes de Galicia e fóra dela, participantes de Castela León, Burgos, País Vascos, Cantabria, Asturias, Madrid, etc..e tamén se contará coa presenza do campión nacional nesta modalidade Emilio Fernández acompañado do seu can “Toñín”.

As probas están organizadas pola Sociedade de Caza da Terra de Melide, Tecor da Ulloa e Tecor A Xuntanza coa colaboración do Concello de Melide, a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Arion, Caixa Rural Galega e a Federación Galega de Cans.

MAIS PROBRAS INTERNACIONAIS

A seguinte fin de semana tamén haberá actividade cinexética en Melide, serán as probas de traballo internacional para spaniels e celebraranse os días 12, 13 e 14 de abril.

O día 12 desputarase a I Proba Caza Práctica Mención CACT, o día 13 a II Proba Caza Práctica- CACT Proba Cobro en Auga e o 14 de abril será a proba caza práctica mención CACT. Estas probas están organizadas pola Sociedade Canina Galega. As inscricións poden realizarse ata o 5 de abril.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp