- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Descenso do paro en Melide e Comarca no mes de marzo
03/04/2019. O paro volve a descender en Melide e na Comarca no pasado mes de marzo. A Comarca conta cun total de 581 desempregados e a vila de Melide con 395. O paro descende en Melide no pasado mes de marzo nun total de 13 persoas
MELIDE 3 de abril de 2019.- Volve a descender o paro en Melide e na nosa Comarca no mes de marzo. No total da Comarca son 21 persoas menos ás que xa non están no paro. Por Concellos, Melide lidera a caída do paro con 13 persoas menos desempregados no mes de marzo e conta cun total de desempregados de 395. En Santiso e en Sobrado dos Monxes, o paro descende en dúas persoas en cada municipio e en Toques descende en catro persoas. Así, no conxunto total da Comarca o número de desempregados é 581, 21 persoas menos que no mes anterior.
No conxunto total, Galicia é a terceira comunidade na que máis baixou o paro en marzo con respecto a hai un ano superando, ademais, a media de caída de desemprego rexistrada no Estado, con case tres puntos de diferencia. Así, a Comunidade galega rexistrou no mes de marzo unha baixada do paro do -7,70% fronte ao -4,89% de España.