- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide promociona a Festa do Melindre nas principais escolas de hostalería
02/04/2019. O Concello de Melide promociona a nova edición da Festa do Melindre e da Respostaría Tradicional deste ano 2019. Os lugares elixidos foron desta volta as principais escolas de hostalería de Galicia, hoxe tocou en Santiago
MELIDE 2 de abril de 2019.- O Concello de Melide promociona a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional deste ano 2019 que ten xa cita no calendario e que se celebrará o 11 e 12 de maio, coincidindo como é habitual coa segunda fin de semana do mes de maio.
Unha das súas accións promocionais para dar a coñecer a festa e os doces protagonistas da celebración: ricos, melindres e amendoados, é a realización de obradoiros nas principais escolas de hostalería de Galicia. A cita na mañá de hoxe foi no CIFP Compostela, ca capital Galega. O obradoiro desta mañá foi impartido por Alberto Rodríguez, mestre resposteiro melidá.
Será o lunes que vén, o día 8 de abril, cando o obradoiro de promoción da Festa do Melindre e da Respostaría Tradicional se celebre no IES Fragas do Eume, en Pontedeume e na EFA Piñeiral de Arzúa. Xa para finalizar esta iniciativa o martes 23 de abril, os doces típicos da repostaría de Melide terán protagonismo nun obradoiro de difusión da festa no CIFP Carlos Oroza, en Pontevedra.
A través destes obradoiros o alumnado da formación de diferentes centros de hostalería de Galicia coñeceron de preto a elaboración dos doces tradicionais de Melide e poideron probalos. Ao mesmo tempo, coñeceron que Melide celebra a segunda fin de semana do mes de maio a festa máis doce de Galicia e quedaron convidados a visitar o noso municipio nas xornadas do 11 e 12 de maio.