Novas

Máis novas

O Concello traslada aos troiteiros as accións para solucionar os vertidos

02/04/2019. Alcaldesa e técnicos encargados de realizar a auditoría para poñer fin ao problema dos vertidos no polígono, reuníronse coa Asoc. de Troiteiros Río Furelos, informalos sobre as accións que se están levando a cabo na actualidade

MELIDE 2 de abril de 2019.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, vén de reunirse na mañá de hoxe co colectivo da Asociación de Troiteiros Río Furelos para explicarlles de primeira man as accións que se están levando a cabo dende a institución local para unha auditoría e control das empresas afincadas no polígono industrial, na actualidade, un total de 46. Xunto coa rexedora e os troiteiros, tamén estiveron presentes técnicos que se encargan de realizar a auditoría sobre o saneamento do polígono industrial e poñer fin ao problema dos vertidos.

A rexedora melidense, agradeceu a colaboración que a Asociación de Troiteiros Río Furelos vén realizando ano tras ano, e pediu que esa boa sinerxía coa administración local se manteña tamén nos seguintes pasos que se están a dar. Por outra banda, a alcaldesa tamén deu a coñecer a este colectivo os expedientes administrativos abertos neste momento para solucionar o problema de vertidos no polígono industrial.

Neste sentido, Dalia García, reiterou que o Concello de Melide expide licencias para o asentamento de empresas no polígono industrial da vila, sen embargo e tal e como apuntan os informes técnicos municipais, é o empresario ou emprendedor que desenvolve a actividade o responsable do saneamento da súa empresa, polo xeral mediante fosa séptica estanca ou similiar, por exemplo unha depuradora propiamente dita. “De non realizar este feito por parte dos empresarios, o Concello ten unha ordenanza de vertidos á cal as empresas teñen que cumprir”, apunta García.

“Do que se trata, cos últimos traballos que se están levando a cabo, é de ver cal é o estado dos enganches feitos na rede separativa do polígono industrial de aí a necesidade de contar cunha asistencia técnica contratada polo concello o pasado febreiro, xa que a propia administración municipal non existen técnicos especializados nesta materia”, explica a alcaldesa. 

CANALIZACIÓN DE VERTIDOS DO POLÍGONO Á EDAR MUNICIPAL

Por outra parte, a alcaldesa deu tamén na xuntanza desta mañá cumprida información sobre o proxecto que se está a realizar sobre a canalización dos vertidos cara á EDAR municipal con capacidade para o doble da carga que está soportando.

Tamén incidiu en que “para levar a adiante esta canalización é necesaria a coordinación entre as administracións debido á sensibilidade da zona, afectada por Rede Natura, Patrimonio, e Demarcación de Carreteras do Estado, sumado á propia orografía do terreo”, sen embargo, ese non vai ser problema e aserverou que “logo de ter o proxecto rematado no prazo de dous meses que comezou o pasado novembro do 2018, teremos xa datos enriba da mesa que se complementarán coa auditoría e control e que o Concello de Melide comunicará a todas as empresas do polígono para que se axuste as necesidades particulares de cada nave nesta materia”. “Serán prioritarios os controis nas empresas que teñen prodcesos produtivos máis intensivos”, conclue Dalia García.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp