Novas

Máis novas

A concellería de Obras e Servizos do Concello de Melide realiza traballos de mellora en Parabispo, no Barreiro

26/10/2017. Os traballos forman parte dun plan de mellora e acondicionamento das pistas do rural de Melide que ten en marcha a concellería de Obras e Servizos do Concello de Melide

A brigada de Obras e Servizos do Concello de Melide está realizando estes días traballos de acondicionamento de pistas no rural das parroquias da vila, concretamente en O Barreiro no lugar de Parabispo.

Rosa Cabado, concelleira do departamento responsable da execución dos traballos explica que  “as actuacións neste punto consisten na mellora dun tramo de máis de 400 metros de pista con zahorra que mellorarán a accesibilidade dos veciños”.  Cabado engadía que “trátase dunhas melloras que realizamos periódicamente ao longo de todo o ano nas diferentes pistas do rural e que se engloba nun plan que temos para o acondicionamento destes treitos que moitas veces conectan varios lugares ou sirven de acceso a vivendas e que é necesario que cumpran cunha accesibilidade correcta que facilite a vida dos veciños e veciñas do rural”.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, apuntaba que “dende o Concello de Melide respondemos así ás demandas da veciñanza apostando decididamente polo noso rural, para fixar poboación e mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños e veciñas”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp