Novas

Máis novas

O Concello de Melide pon en marcha un ciclo de teatro para adultos

01/04/2019. Durante tres días e con actuacións ás 21h da noite, a casa da cultura de Melide acollerá durante as vindeiras fins de semana un ciclo de teatro para adultos con entrada libre e gratuito. Está organizado polo Concello de Melide

MELIDE 1  de abril de 2019.- O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura pon en marcha un ciclo de teatro para adultos, dando continuidade ao traballo realizado por esta concellería para achegar a nosa vila ocio de calidade durante as fins de semana melidenses.

A primeira cita será este venres 5 de abril coa compañía Ibuprofeno Teatro e coa obra “Raclette”. Unhan representación na que cinco serán os protagonistas que conforman un complexo mosaico humano: un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles, pero que teñen que convivir apesares das súas diferencias. Cinco persoas que están pasando por momento cruciais nas súas vidas, momentos de cambio e inestabilidade, marcados por acontecemento que deixan marca para o resto da súa existencia.

A quenda será para Contraproduccións o sábado 6 de abril, coa representación “Commedia”,  con tres galardóns nos Premios de Teatro María Casares neste 2019. Un espectáculo inspirado na Commedia dell´arte, da que toma as súas personaxes e tense levado a escena en máis de 200 funcións en España, Francia e Portugal. Este representación chegará a Melide baixo a dirección do coñecido artista galego, Cándido Pazó.

O broche de ouro será o venres 12 de abril, coa representación Macbeth, o ruido e a furia de Estudio Momento. Trátase da adaptación en verso de Manuel Lourenzo. A traxedia celta de William Shakespeare protagonizada por Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo. Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos en sangue, traizón e morte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais. Todas as actuacións serán na casa da cultura de Melide ás 21h da noite con entrada libre e gratuita ata completar aforo.

ABRIL CULTURAL EN MELIDE

A maiores do ciclo de teatro para adultos que se poñerá en marcha nuns días, a vindeira fin de semana a vila tamén acollerá a Proba Internacional para cans de rastro Copa Galicia Terra de Melide. Será a última fin de semana de abril cando chega a Esmorga a Melide, para rendir homenaxe á cultura e a música tradicional galega.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp