Novas

Máis novas

A Xunta remata as obras de mellora do drenaxe da estrada AC-840 en Melide

01/04/2019. As obras contaron cun investimento de 250.000 euros e perseguen resolver os episodios de inundacións que se producían nesta zona do centro urbano que atravesa a estrada. Tamén se cegaron os pozos de rexistro de pluviais e residuais

MELIDE 1 de abril de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora e reposición de servizos na estrada de titularidade autonómica AC-840, ao seu paso polo Concello de Melide.

Cun orzamento de máis de 250.000 euros a intervención persegue resolver, tanto en importancia como en frecuencia, os episodios de inundacións que se producían nesta zona do centro urbano que atravesa a estrada, onde o terreo está moi baixo.

A actuación permitiu tamén actuar sobre os caudais que chegaba á rede de pluviais desde distintas rúas, e reducir a cantidade de auga que alcanza finalmente esta zona urbana, minimizando así a problemática derivada da topografía do terreo e da configuración actual da rede.

Atendendo á solicitude do Concello de Melide, tamén se procedeu ao cegado dos pozos de rexistro de pluviais e residuais, para evitar o ruído que producen ao paso do tráfico. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp