Novas

Máis novas

Homenaxe á cultura e a música tradicional galega na Esmorga de Melide

31/03/2019. O programa de Esmorga Melide estará composto por actividades que exaltan a música e a cultura galega para todas as idades. As actividades musicais pecharanse o domingo cunha sesión vermú a cargo da agrupación “Blues do País

MELIDE 31 de  marzo de 2019.-O Concello de Melide celebrará o sábado 27 de abril un encontro música tradicional e coa cultura de Galicia.

Grupos achegados de toda a xeografía galega, daranse cita en Melide durante a última fin de semana do mes de abril para poñer en valor a música e a cultura tradicional.

Ao longo de todo o día nas prazas a rúas do casco antigo están programadas diferentes actividades cun único obxetivo: homenaxear á cultura e a música tradicional con iniciativas para todas as idades.

Durante toda a xornada do sábado Melideacollerá diversos talleres. Andrés Penabad, será o encargado de guiar o obradoiro de Acordeón, Pepe Vaamonde o de gaita e frauta e Chisco o de voz e pandeireta.

Ás 12h da mañá máis dunha vintena de grupos de música tradicional percorrerán os locais da zona antiga para encher de música as tabernas do casco vello.

Xa pola tarde dende as 17h, terá lugar un espazo infantil, onde os máis cativos aprenderán máis sobre a música tradicional da man de Brinquedos e Os Contos de Anxo Moure no espazo denominado “Esmorga Miúda”. Ás 18h está programada unha mostra de baile e vestimenta tradicional na praza do Convento.

Ás 20h da tarde e na praza das Coles os diferentes grupos participantes na Esmorga melidense poderán amosar sobre o escenario o seu bo facer, poñendo banda sonora á tardiña na vila.

O broche de ouropoñerano os concertos nocturnos de Pepe Vaamonde e Sacha na Horta na mesma localización.

Ao día seguinte e para finaliza a Esmorga en Melide terá lugar unha sesión vermú na praza das Ichoas a cargo de Blues do País.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp