- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis de medio millar de persoas piden que non cese a busca de Emilio Pintor
30/03/2019. Máis de medio millar de persoas sairon á rúa a pedir que non cese a busca de Emilio Pintor. Unha marcha solidaria que rematou na praza do Convento e contou con numerosos participantes apoiou a familiares e amigos do desaparecido
MELIDE 30 de marzo de 2019.- Melide acolleu o pasado sábado unha concentración e marcha solidaria para pedir que non cese a búsqueda do veciño desaparecido, Emilio Pintor.
A cita comezaba ás 18h da tarde no palacio de congresos e exposicións de Melide onde máis de medio millar de persoas chegadas dende diferentes puntos, veciños da vila e de concellos limítrofes, amigos, familiares xuntábanse cun único obxetivo, pedir que a búsqueda do veciños desaparecido, Emilio Pintor, non esmoreza.
Máis de medio millar de persoas percorreron o centro urbano de Melide ata chegar á praza do Convento, onde os seus irmáns, fillos, muller e demais familia recibiron aos participantes da marcha solidaria. Foi unha das súas irmáns, Maite Pintor, quen leu un manifesto nunha praza melidense ateigada de xente onde Maite agradeceu o apoio de toda a vila melidense a través da megafonía e amosou o cariño cara o desaparecido “por se nos está escoitando, que saiba que a súa familia o apoia”.
En canto as labores de búsqueda, a familia de Emilio Pintor, está á espera de que chegue un novo xeorradar, de maior precisión, para empregar na zona dos Peares, onde se perde o rastro do desaparecido.