Novas

Máis novas

Xuntanza das mulleres de Melide para compartir un xantar e un coloquio

28/03/2019. O Concello organiza para o sábado 6 de abril un xantar-coloquio que levará por nome “O papel da muller ao longo da nosa historia” e que se celebrará ao abeiro da programación organizada para conmemorar o 8M, día da muller

MELIDE 28 de marzo de 2019.- O Concello de Melide a través da súa Concellería de Traballo, Igualdade e Benestar Social organiza para o vindeiros sábado 6 de abril un acto de confraternidade para as mulleres da vila que terá como obxetivo principal celebrar un xantar-coloquio que se chamará “O papel da muller ao longo da nosa historia”.

A actividade, dirixida a mulleres de Melide que queiran compartir un día diferente entre iguais, será no Balneario Río Pambre e forma parte da programación que se puxo en marcha dende o Concello de Melide para conmemorar o día da Muller o 8 de marzo. A maiores do xantar, as participantes compartirán un coloquio con cinco mulleres da vila que a día de hoxe desempeñan traballos considerados  hai anos baixo prexuízos masculinos. Contarán a súa experiencia e responderán as dúbidas das alí presentes.

De Melide o sábado 6 de abril partirá un autobús ás 13.30h dende o Cantón de San Roque con dirección ao Balneario de Pambre en Palas de Rei, onde se desenvolverá a programación desta xornada ao completo. Xa está confirmada a asistencia a este acto da alcaldesa de Melide, Dalia García, da concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, da psicóloga e tamén da abogada do Centro de Información á Muller, María Gómez e Silvia Míguez, respetivamente.

As persoas interesadas en participar teñen que inscribirse no teléfono 981 50 50 03. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp