Novas

Máis novas

Melide pedirá cunha marcha solidaria que continúe a busca de Emilio Pintor

27/03/2019. Será o vindeiro sábado 30 de marzo ás 18h da tarde no palacio de congresos e exposicións de Melide onde comece a marcha solidaria que pedirá que non cese a búsqueda do veciño desaparecido no pasado mes de febreiro, Emilio Pintor

MELIDE 27 de marzo de 2019.- Veciños e veciñas da vila e das comarcas lindeiras están chamados o vindeiro sábado 30 de marzo a unha concentración con marcha solidaria que se celebrará en Melide para pedir máis medios e que non cese a búsqueda do veciño desaparecido, Emilio Pintor.

A concentración de apoio comezará ás 18h da tarde e o lugar de xuntanza será nas inmediacións do palacio de congresos e exposicións de Melide. Dende ese lugar, os participantes realizarán unha marcha solidaria ata a praza do Convento, onde familiares do desaparecido, leerán un manifesto para que non cese a búsqueda de Emilio Pintor.

Ese mesmo día, tamén sairá ás 16.30h da tarde un autobús da cidade da Coruña, da empresa Arriva Galicia dende a parada de autobuses dos ministerios fronte a gasolineira CAMPSA. As persoas interesadas en facer uso deste medio de transporte para chegar ata Melide na tarde do sábado teñen que poñerse en contacto co teléfono 619 35 92 96.

A familia de Emilio Pintor, natural da parroquia de Zas de Rei, non quere que as forzas e corpos de seguridade do Estado baixen a guardia na súa búsqueda. Dende o 21 de febreiro, o último día que Emilio Pintor deu sinais de vida, as forzas de seguridade organizaron diferentes dispositivos de búsqueda todos centrados no embalse dos Peares. O último rastreo realizado na zona foi cun can adestrado para buscar na auga, pero non deu resultado.

Emilio Pintor Mella ten 43 anos, pelo negro e calvicie parcial. Utiliza gafas graduadas e viaxaba no momento da súa desaparición nun citroen AC negro matrícula PO-4396-AP. A familia ten a disposición dous números de teléfono 642 650 775 e o 649 952 957 para as persoas que poidan dar algunha pista sobre o seu paradeiro.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp