Novas

Máis novas

O GDR pon en marcha un curso de atención ao cliente no sector turístico

27/03/2019. O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo do que Melide e Comarca forma parte pon en marcha un curso de atención ó cliente que ten por obxetivo mellorar a calidade na atención ó visitante. Celebrarase do 8 ao 11 de abril

MELIDE 27 de marzo de 2019.- O GDR Ulla Tambre Mandeo abre o prazo de inscrición para o curso de atención ó cliente que ten por obxectivo mellorar a calidade na atención ó visitante cunha comunicación eficaz, que transmita ás persoas que nos visitan os valores do territorio como destino turístico, e dea a coñecer os principais atractivos naturais, de patrimonio, museos, lugares e servizos.

O curso impartirase no concello veciños de Boimorto entre os días 8 e 11 de abril, e vai dirixido a persoas en contacto con turistas e peregrinos dos nove concellos do GDR. Persoas que traballen ou queiran traballar en hoteis, albergues, restaurantes, taxis, tendas etc.

O curso será impartido por Lidia de la Fuente, guía oficial de turismo de Galicia. As dúas primeiras xornadas serán teóricas e estarán orientadas a coñecer as necesidades do turista e como ofrecer un mellor servizo e unha comunicación máis eficaz. As dúas últimas xornadas serán saídas de campo para coñecer o noso entorno e aprender algunhas técnicas para converterse no mellor embaixador da nosa terra e un inmellorable anfitrión ou anfitriona.

A inscrición estará aberta ata completar as 18 prazas disponibles para o curso. Para anotarse hai que enviar un correo ó GDR (leader@gdrullatambremandeo.gal).




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp