Novas

Máis novas

Premiado o grupo de ballet melidense na competición de Anaprode

26/03/2019. As mozas de “Scene Ballet” dentro das Escolas Deportivas da vila, participou esta pasada fin de semana na competición Anaprode en Santiago de Compostela, tres alumnas melidenses clasificáronse para a final en Tarragona en maio

MELIDE 26 de marzo de 2019.- As mozas de “Scene Ballet” das Escolas Deportivas do Concello de Melide, volven estar de noraboa.

A pasada fin de semana participaban en Santiago de Compostela as mozas do “Scene Ballet” de Melide no Concurso Nacional de Danza Anaprode 2019.

Melide logrou dous primeiros premios no estilo fusión coas coreografías “I feel like I´m drowning” e “I don´twanna be you anymore”.  O equipo melidense tamén conseguiu dous segundos postos para as coreografías “Sorry Stone Cold I can´t go on with you”  e tamén segunda posición en modo dúo para “I feel like I´m drowning” “Gimme all you love”.

Os grupos na categoría fusión tamén lograron un segundo e un terceiro premio con “Bridge of light” e  “Breathle Me” respetivamente.

Na categoría individual clásico, obtiveron medalla de ouro Estela Sánchez, e catro pratas para as veciñas melidenses Ainara Mato, Antía Varela, Lorena Rodríguez e Xiana Iglesias.

As coreografías na categoría individual que se clasificaron en primeira posición foron “I like I´m drowning de Azucena Iglesias e I don´t wanna be you anymore con Marta Mosquera.

As pratas foron para Atenea Martínez, Mariña Ferreiro, Carolina Sánchez coa coregorafía  “Sorry, Stone Cold, I can´t go on with you”.

Finalmente, un total de tres alumnas foron as clasificadas para competir na final de Anaprode que se celebrará o 3,4 e 5 de maio en Tarragona.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp