- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide reitera á Deputación a necesidade dun estudo de rodadura na DP4606
25/03/2019. O Concello volve solicitar á Deputación a realización dun estudo de rodadura na estrada provincial DP4606 ao seu paso pola vila. Fai seis meses dende a 1ª solicitude e o goberno local vén de recibir a contestación da Deputación
MELIDE 25 de marzo de 2019.- O goberno local de Melide volve a insistir na necesidade de realizar un estudo de rodadura na estrada provincial DP 4606. Faino, despois de que hai seis meses realizarán o primeiro chamamento á entidade provincial para poder incrementar a seguridade nese treiro, a avenida de Toques e Friol por onde cada día pasan milleiros de veciños e veciñas.
Debido á demanda veciñal e as queixas da ordenación no tráfico rodado nesta avenida da vila, O Concello de Melide trasladaba xa no pasado mes de setembro á Deputación da Coruña, a necesidade manifestada pola veciñanza da realizar un estudo do tráfico rodado da zona para a reorganización do tráfico e o aumento da seguranza, tanto de viandantes como de condutores.
Ao non recibir contestación por parte da Deputación da Coruña, o Concello de Melide volveu a reiterar a súa petición. Nos últimos días, o goberno local melidense vén de recibir resposta do organismo provincial onde se expresa que “a Deputación da Coruña estudará se é posible a mellora da sinalización viaria da referida zona”.
A xuízo do goberno local melidense “esto supón novamente unha evasiva para acometer melloras de reorganización viaria da zona ante as novas demandas veciñais detectadas. Dende outubro do ano 2017 a zona experimentou un crecemento importante de poboación e esto supón que as institucións debemos analizar e tratar de solucionalas”. Engaden que “a comparativa é clara; ao non ser unha vía de titularidade municipal o goberno local non pode sinalizar ou colocar calquera tipo de elemento disuasorio do aparcamento senon que teno que realizar a entidade titular da estrada, neste caso a Deputación”.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, maniféstase “francamente decepcionada cunha institución como é a Deputación Provincial da Coruña, unha institución que ten como principal cometido lexislativo, dar apoio de todo tipo aos Concellos, en especial aos concellos rurais como é o caso de Melide”. “Na AC-840 detectamos problemas similares, hoxe comezamos a segunda fase de mellora da accesibilidade nesa zona. A disposición da Xunta de Galicia con Melide é moi diferente á que ten a Deputación da Coruña. Cando lle fixemos chegar a necesidade da reorganización do tráfico na AC-840, estrada de titularidade autonómica, atendeu as demandas dos nosos veciños”, conclue a rexedora.