Novas

Máis novas

O Concello de Melide chega a un acordo de cofinanciamento co Consorcio Galego de Igualdade para sufragar os gastos da Galiña Azul e da Residencia da Terceira Idade

27/10/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García, reuniuse co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para cofinanciar os servizos da Galiña Azul e da Residencia

O Concello de Melide cofinanciará de maneira equilibrada coas súas necesidades municipais xunto co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar os gastos da Galiña Azul e da Residencia da Terceira Idade. Esta é a conclusión que se extrae da última xuntanza de traballo que a alcaldesa de Melide, Dalia García e técnicos municipais tiveron co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez. 

No encontro que tivo lugar hai uns días, analizáronse os gastos que se sufragaban por parte do Concello de Melide e por parte do Consorcio en relación aos servizos da Galiña Azul e da Residencia da Terceira Idade, “instalación na que o Consorcio só financia o Centro de Día”, explica Dalia García, alcaldesa de Melide. Nesta xuntanza, a alcaldesa de Melide deu a coñecer pormenorizamente os gastos aos que ten que facer fronte o Concello de Melide en solitario para sufragar estes servizos.

Despois desta reunión de traballo, o Concello de Melide e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar chegaron ao acordo para realizar o cofinanciamento entre as dúas administracións. A rexedora melidense, adiantaba que “a finais de ano, liquidaranse os gastos correspondentes ao 2017 que, salvo erro ou omisión, serán arredor de 55.000 euros no correspondente á Galiña Azul e preto de 12.000 euros para a Residencia do Concello de Melide”. Pola súa parte, agradecía a disposición que o xerente do Consorcio Galego tivo para estudar polo miúdo as necesidades de Melide e chegar a un acordo satisfactorio.

Dende o Concello de Melide recordan que existe unha lei, que acaba de ser aprobada, que establece o coofinanciamento dos Servizo Sociais, para evitar que as arcas municipais siguan engrosando as súas débedas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp