- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A beleza canina foi protagonista en Melide esta fin de semana
25/03/2019. Melide acolleu este pasado domingo o I Concurso Nacional Canino que se celebrou no palacio de congresos e exposicións ao longo de toda a mañá da xornada dominical. Comezou ás 10h da mañá e rematou pasadas as 15h da tarde
MELIDE 25 de marzo de 2019.- A Sociedade Canina Galega organizou na vila onte o I Concurso Nacional da Terra de Melide que se celebrou dende ás 10h da mañá no palacio de congresos e exposicións.
Foi a primeira vez que Melide acollía un evento destas características. Nesta proba realizáronse os xuízos dos cans pertencentes ás diferentes razas.
A proba comezou ás 10.30h cos xuízos dos exemplares, onde competiron por ser o mellor can nas diversas razas para logo nas finais ser o mellor exemplar do grupo e unha vez escollidos os 10 mellores exemplares, realizouse a última final onde se elixiu ao mellor exemplar do concurso.
Para este evento canino contouse con Arturo Méndez e David Santos ámbolos dous de Ferrol, e David Vázquez de Barbadas.
O concurso estivo organizado pola Sociedade Canina Galega e contou coa colaboración do Concello de Melide e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
CANS PREMIADOS EN MELIDE
Na categoría Bis Razas Españolas, o primeiro premio foi para o perro ratonero valenciano, o segundo para o perro de pastor garafiano e o terceiro para un mastín de pirineo. No bis cachorros, a primeira posición foi para pequeño lebrel italiano, a segunda para un braco de Weimar pelo corte e a terceira para un english toy terrier. No bis jóvenes, a orde de primeiro a terceiro foi a seguinte: un bultdog francés, un siberian husky e un schauzer miniatura blanco. Xa nos veteranos o primeiro premio foi para outro shcnauzer miniatura blanco, o segundo para un perro pastor garafiano e o terceiro para un english toy terrier.
O Best in Show foi para un siberian husty, o segundo posto para un whipdet e o terceiro para un Kerry Blue Terrier.