- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Unha charla informará sobre o bono social eléctrico en Melide
20/03/2019. A sala de conferencias do Edificio Multiusos de Melide acollerá o vindeiro luns 25 de marzo ás 19h da tarde unha charla informativa práctica, promovida pola Xunta de Galicia relacionada co bono social eléctrico e a factura da luz
MELIDE 20 de marzo de 2019.- A sala do Edficio Multiusos do Concello de Melide acollerá o vindeiro luns 25 de marzo ás 19h da tarde unha sesión informativa práctica, promovida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, relacionada con ovo bono social eléctrico, coa factura da luz e con medidas de eficiencia enerxética.
A actividade, está dirixida ao persoal que traballa a cotío con persoas que poidan cumprir os requisitos para optar ao bono social: xubilados, rendas baixas, familias numerosas e colectivos en risco de exclusión social, pero tamén a todas as aquelas persoas que podan ser beneficiarias do bono social ou estén interesadas en ter información sobre como aforrar na factura da luz e adoptar medidas de eficiencia enerxética.
A actividade será unha sesión práctica que intererá solucionar dúbidas e facilitar a solicitude das axudas relacionadas co bono social.